O proxecto #AutónomosDixitais é unha iniciativa da Xunta de Galicia para mellorar o grao de dixitalización do conxunto de traballadores autónomos galegos.
“Re-posiciona o teu negocio” é o lema escollido para facer chegar ós destinatarios a importancia de ter desenvolvidas competencias dixitais.
Posto que a pandemia causada polo Covid-19 incidiu dun xeito directo sobre a forma de comercializar bens e servizos, o comercio electrónico vai ser o eixo ó redor do cal xira a formación ligada a este proxecto.
A Xunta de Galicia ofrece formación gratuíta en comercio electrónico dirixida aos traballadores autónomos. As accións formativas planificadas divídense en dous cursos con diferente perfil de alumnado:
O único requisito de inscrición nos cursos será o de estar dado de alta como traballador autónomo en Galicia ao comezo da acción formativa. Tamén poderán participar aquelas persoas traballadoras autónomas que estean actualmente en situación de baixa como consecuencia do COVID-19.
Os alumnos que superen con éxito a formación terán dereito a un diploma de aproveitamento avalado pola Xunta de Galicia.
Estes cursos impártense en modalidade online, o que permite gozar da flexibilidade necesaria para conciliar horario laboral e horas de estudo. Poderás acceder cando queiras (24 horas ao día) en función da túa dispoñibilidade horaria, e desde calquera PC. Só necesitas conexión a internet.
Unha vez dentro do Aula Dixital, poderás descargar e estudar o material didáctico, ver videotutoriales explicativos, participar en foros de debate, expor as túas dúbidas ao teu titor persoal, ler documentación complementaria, realizar as actividades ou interactuar con outros alumnos.