O impacto económico provocado pola pandemia causada polo Covid-19 é especialmente relevante entre as pemes e o persoal autónomo. As consecuencias directas estanse a producir neste momento e continuarán durante varios meses máis debido ao deterioro previsto da situación económica, que sen dúbida afectará á actividade e ás vendas futuras.
Ante este ambiente desfavorable, é necesario tomar medidas que sirvan para mellorar as perspectivas de recuperación no menor prazo de tempo posible. Neste sentido, o comercio electrónico experimentou un auxe importante e converteuse nunha canle empresarial clave para a supervivencia dos autónomos.
O obxectivo fundamental desta acción formativa é proporcionarche unha formación teórico-práctica que facilite o teu desenvolvemento profesional. Esta formación abarca as competencias específicas clave para un desenvolvemento adecuado ao posto de traballo ao que se dirixe a formación.
Por iso, o obxectivo xeral que se pretende alcanzar coa realización desta acción formativa é: Ter as ferramentas para elaborar un proxecto de e-commerce.
Conceptos básicos do comercio electrónico:
Aspectos xurídicos do comercio electrónico:
Marketing en Internet:
Promoción e ferramentas en Internet:
Distribución e loxística
Canais de distribución
Solucións loxísticas
E-commerce e loxística
Previsión de ventas
Cómo calcular a previsión de ventas
Este curso está dirixido a todos os traballadores autónomos de Galicia, independentemente da súa actividade. Tamén poderán participar aquelas persoas traballadoras autónomas que estean actualmente en situación de baixa como consecuencia do COVID-19.
Esta acción formativa de 50 horas de duración será impartida en modalidade on-line. O alumnado dispón de acceso a unha plataforma de teleformación e conta co apoio dun titor especializado na materia.
Tras superar o curso con éxito, recibirás un diploma de aproveitamento avalado pola Xunta de Galicia.